Jaime Rodríguez García
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1898 A Coruña, España |
Morte | 9 de agosto de 1936 (37/38 anos) A Coruña, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | metalúrxico, sindicalista |
Membro de | |
Jaime Rodríguez García, nado na Coruña cara a 1898 e finado na mesma cidade o 9 de agosto de 1936, foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Presidente do Sindicato dos metalúrxicos da Coruña da CNT, representou o sindicato no Congreso da CNT celebrado en Madrid en 1931. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido canda outros dirixentes sindicais pola continuación da folga xeral. Aparece como un dos asinantes dun panfleto falso difundida polas autoridades desconvocando a folga xeral.[1] Acusado dos delitos de desobediencia e incumprimento dos bandos de guerra, foi executado no Campo da Rata da Coruña o 9 de agosto canda Francisco Ballón Pequeño, Cipriano Alvite Alonso, Venancio Seoane García, Julio Sabio Sanmartín e José Quintas Pena.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- A represión franquista na comarca da Coruña. Vidas na memoria. A Coruña: Laiovento. 2011. p. 189. ISBN 978-84-8487-288-7.
- Pereira, Dionisio; Fernández, Eliseo (2006). O Movemento libertario en Galiza. 1936-1976. Vigo: A Nosa Terra. pp. 13, 16, 251.
- Lamela, Luis (2002). A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Do Castro. p. 136.